Considero que pedir que unha páxina que se chama poesíagalega.com recolla só poesía galega non é atacar a liberdade nin faltar ao respecto de ninguén. E senón habería que cambiarlle o nome para non "vender" o que non é.
Paréceme absurdo e baleiro o debate, e non imos reeditar hoxe, cen anos despois, a discusión, xa zanxada para ben de Galicia, entre a elite intelectual española de provincias (Pardo Bazán) e a elite intelectual galega (Curros), máis que nada porque non estariamos á altura.
Quen queira discutir o que é e deixa de ser poesía galega, ou ben é un hippi desnortado de tanto trippie, ou ben un españolista con moi espúreas intencións. Non vou ser eu quen dea cancha aos que non saben nin queren saber que a literatura galega é un sistema literario de seu, cunha evolución e características propias que responden ás circunstancias históricas e sociais do pobo que a pariu, o galego, e non o "pobo universal", e que se naceu e nace cada día da pluma dos nosos escritores coa única finalidade de lle dar unha resposta intelectual ás necesidades do propio pobo galego coas vistas postas nos problemas/conflitos/tendencias de pensamento de cada momento histórico concreto. E por certo, cunha vizosidade envexable.
¿Camilo José Cela?
¿Valle-Inclán?
¿Torrente Ballester?
¡¡Disidentes!!!
En fin, namentres tanta xente siga a pensar que o galego que non fala galego non é galego, seguiremos indo de cú.
Feliz Día das Letras Galegas a tódolos galegos, faledes ou non galego.
2 comentarios:
Dos patridos acentos, infames renegaran; e tiveran parolas de servos e de parias, e as molidas notas imbeciles tocaran pruns escuros acentos de ferro, dunhas xentes extranas.
Por palabras esquivas, as suas proprias deixaran, tan doces e armoniosas, e garridas e brandas, cal das suas furocas montesias, as falangueiras augas que a derregar descenden os prados costentos e verdes da patria. ¿Quen poidera dun pobo envilecido borrar vinganza tanta?
¿Pero que é "o propio"?
Publicar un comentario