jueves, 26 de julio de 2007

Televisión de Galicia

1 comentario:

rosa enriquez dijo...

Repectado castelánfalante e galego voulle contestar nesta páxina súa ao comentario que fixo sobre o meu post en ELOS.Non lle contestei antes debido a que estiven desconectada da blogosfera neste pasado mes de agosto. Creo que xulga vostede inxustamente o xogo-guiño que fixen coa miña idade nese post. De sobra sei que a ninguén lle interesa pero as licencias da creación están aí para ser empregadas. Paréceme que usa vostede ese argumento para desacreditar o contido do texto. Non son politóloga nin o pretendo pero si opino, dende os meus humildes pero lexítimos coñecementos, que existe un rexeite ao que sucede co galego nos centros de secundaria no que ao uso do galego se refire tanto nas aulas, como na redacción das programacións e das memorias. Paréceme ben que fale vostede en castelán, os galegos temos esa riqueza: dúas linguas para elexir. Eu tamén o falo de cando en vez e nada teño en contra do seu uso pero si do abuso e do autoodio que habita nas mentes de moitos que endexamais usan o galego como vía de comunicación oral nin escrita. O castelán non peligra cabaleiro pero o galego sí pode desaparecer se seguimos así e non o cuidamos. Non pretendo ser agoreira, unicamente describo unha realidade lingüística preocupante e senon mire o que pasou en Francia coas linguas minoritarias con esa política centralista en exceso. Quen fala no mediodía francés, por exemplo, a lingua de Occ,esa da tradición trobadoresca medieval tan ben defendida por "les trouvères" protexidos entre outros pola gran mecenas Alienor d'Aquiaine? Catro pringados.Os franceses do centro, eses que falan cun ton "pointu",chaman a esta lingua "PATOIS". Eu desexo para a nosa lingua(a primeira lingua romance falada na península, por moito que Menéndez Pidal acuñe ese termo de primeira lingua falada ao mozárabe polo das jarchas) unha realidade mellor que pasa pola loita sen cuartel para acrecentar o seu uso. Como ve, o da idade non tiña a menor importancia, era só un xogo para facer coña, e vostede coma min, sabíao de sobra. Moitas grazas por comentar no meu post. Sempre é interesante saber o que pensan os demais para enriquecerse. Estarei entón pendente deses prexuízos que, segundo vostede, pódense inferir das miñas palabras. Un saúdo dende o respecto cabaleiro.